+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

A Deputación destina preto de 280.000 euros a actividades culturais na provincia de Pontevedra


Un total de 260 actividades culturais celebradas por entidades de toda a provincia perciben un total de 279.898 euros nesta liña de axudas

Xunta de Goberno da Deputación provincial vén de aprobar as axudas do Plan de actividades culturais para asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolven diversas actuacións en concellos de toda a provincia. En total aprobáronse 260 subvencións por un importe de case 280.000 euros. Estas axudas contemplan intercambios culturais, festivais ou exposicións.
Ao igual que nas outras dúas liñas de axudas deste Plan, a concesión das subvencións realizouse en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación criterios como a difusión da actividade que realiza a entidade solicitante, o número de persoas que participan, o número de socios e socias da asociación, o orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, así como a adecuación das actividades ou investimentos ao interese provincial.

Actividades subvencionadas e importes por comarcas
Comarca do Condado-Paradanta. Son aprobadas subvencións para 17 actividades culturais por un importe total de 17.952 euros. En Salvaterra do Miño reciben apoio o 3º Encontro de Palilleiras e Multilabores, o IV Festival Folk Pontenova, a XIV Mostra de Teatro Afeccionado ‘Móstrate 2015’, e o Verán Cultural da Asociación de Veciños de Cabreira-Xermen. En As Neves, o IV Salón do Comic do Condado, Komiq Kon. En Ponteareas, o XVIII Festival Algazara, o IV Festival de Jazz, o V Festival de Bandas Populares da Banda de Música La Unión de Guláns, e o XXI Festival de Bandas de Música Populares da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. En Mondariz, a participación da Asociación Ballet Folclórico Galego no Día de Galicia en Madrid, a XIX Edición do Restablecemento Serán dos Namorados, e o Festival Folclórico da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de Cernadela. En Covelo, as XXI Xeiras Micolóxicas da Asociación para a Promoción do Alto Tea Covelo Natural. En Arbo, o Festival Cultural Arbo Rock, o Belén Viviente de Cabeiras, o XIV Festival Folclórico Internacional Galaico-Portugués, e a Asemblea Xeral das Asociacións de Mulleres Rurais da provincia solicitada pola Federación Provincial de Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais de A Peregrina.
Comarca do Morrazo. Son subvencionadas 20 actividades culturais cun importe total de 17.213 euros. En Bueu, a participación da Asociación Coral Polifónica Acordes de Bueu no Intercambio Cultural Suances-Santander, o XXI Festival de Alborada, e a participación da Coral Polifónica Marusía de Bueu no Intercambio Cultural coa Coral de Luou-Teo. En Cangas, a participación da Coordinadora de Cofradías da Semana Santa no Encontro Nacional de Cofradías, o II FEstival de Música e Baile Tradicional, a IX Edición de Pintura Artepem, o XXXXIII Concerto Banda e Coro da Asociación Cultural Bellas Artes, o Festival Folclórico da Asociación Cultural Lembranzas da Ría de Cangas, o Festival Folk ‘Festa Brava’, a Exposición interactiva da Canción ‘O Gato’ e do autor ‘Manuel da Ponte’, o IV Certame de Pintura Adicam, o Festival O Son do Pobo 2015, o Concerto Xoves Músicos da Asociación Xuvenil Cultural Staccato, o Concerto Lolos, o Concerto Semana Santa da Banda de Tambores e Cornetas de Cangas, a Semana Cultural da Semana Santa da Cofradía da Misericordia e o Gremio de Mareantes, e a XII Mostra Filatélica, Numismática e Fotográfica. En Marín, a representación dunha obra de teatro da Asociación Cultural Santo Tomé de Piñeiro, as Xornadas da Xuventude ‘Youth for youth’ da Asociación Galega da Formación do Profesorado, e o Concurso de Contos do Ateneo Santa Cecilia-Club Unesco.
Comarca do Salnés. Reciben axudas 30 actividades por un importe total de 31.328 euros. En Cambados, o X Encontro de Palilleiras, o XV Festival Xironsa, o VII Serán Popular de Oubiña, e o VII Congreso Comarcal do Salnés de Viticultores. No Grove, o Concurso Exposición de Ornitoloxía, o XIX Festival Folclórico Cantodorxo, o VIII Serán da Asociación Cultural Mecos, e a Gran Gala de Nadal da Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos. En Meaño, o Concerto Festival de Canción Popular de Habaneiras da Asociación Cultural Coro Parroquial de San Juan, o XIV Encontro Folclórico da Asociación Cultural Penaguda Dena, e o XXIV Festival de Bandas de Meaño. En Ribadumia, o VI Festival Quercuslandia, o Festival Folclórico da Asociación de Veciños de Lois, o X Festival de Habaneiras en Barrantes, o Festival Folclórico A Doveira, o intercambio cultural da Banda de Música Municipal de Ribadumia coa Banda Municipal de Barco de Ávila, e o Festival Cultural Pica Espuela. En Sanxenxo, o 2º Festival en Arra, e o Certame de Músicas Tradicionais do Centro Cultural Deportivo Villalonga. En Vilanova de Arousa, a Exposición de Labores da Asociación de Mulleres Rurais O Campanario. En Vilagarcía de Arousa, o Outono Micolóxico da Agrupación Micolóxica de Vilagarcía, o Festival Ameixa Rock, o Intercambio Cultural da Asociación Cultural Gaitas do Mar de Arousa, o Encontro-Intercambio Folclórico da Asociación Cultural Malveiras, a Festa dos Maiores da Asociación Cultural Nosa Señora da Xunqueira, a Festirapia da Asociación Cultural Os Arenkes, as Xornadas ‘A Recuperación e o Emprego na Comarca do Salnés’ solicitadas pola Asociación Cultural Os Tres Castros, o Festival Folclórico da Asociación Unión Piñeira de Guillán, o Festival Anual do Círculo Artístico Deportivo o Gato Negro, e o Festival de Canto da Coral Alento Xoven.
Comarca de Caldas. Recibiron fondos 27 actividades culturais por un importe total de 25.853 euros. En Caldas, XI Xuntanza de Bandas de Música da Asociación Cultural Mariñoleira, o Concerto-Teatro Musical da Asociación Pequena Gran Compañía, e a IV Edición do Certame de Debuxo ‘A vida na túa praza’ da Federación de Prazas de Abastos de Galicia. En Catoira, o III Festival Folclórico Torres do Oeste-Muíños de Vento, e os Actos Culturais da Xuntanza Cabalar. En Cuntis, o Intercambio Cultural Folclórico da Agrupación Municipal de Baile e Música Tradicional, a Tarde de Malabares da Asociación Cultural Río Gallo, o Festival Folclórico de Nadal da Asociación Cultural Gaitas do Baño, e a Exposición Fotográfica e de Vestiario con motivo do X Aniversario do grupo da Asociación Escola Artística de Cuntis. En Moraña, o XIV Certame de Panxoliñas da Asociación Coral Voces Amigas, o VI Magosteiro da Asociación Cultural Chinguilipé, e os actos culturais da Romería Cabalar de Moraña. En Valga, a IX Exposición da Camelia Bella Otero, o III Encontro de Palilleiras, as actividades da recreación da Batalla de Casal do Eirigo, a montaxe do Belén Artesanal, o II Encontro Eduacional: Dende o Silabario e o Catón ata a Tablet da Asociación Veciñal Virxe das Dores, o XVI Campamento Musical da Asociación Cultural Musival, a III Exposición Clásicos Valga, o Festival Infantil da Asociación Cultural San Miguel, a I Mostra de Teatro Bella Otero, a Exposición ‘A Arte en Valga’ da Asociación de Veciños para o Desenvolvemento de Valga, KDD en Valga da Asociación Valga Bule, a recuperación da tradición Procesión dos Lacóns da Asociación Veciñal Vilarello, o Certame Fotográfico Valga Natural, a Exposición Fotográfica ‘O Deporte en Valga. 50 anos de vida saudable’ da Asociación Cultural e Deportiva Fubito Veteranos, e o Festival Anual da Coral Polifónica Santa Comba-Cordeiro.
Comarca do Baixo Miño. Concedéronse 17.213 euros para un total de 16 actividades culturais. Na Guarda, o XXVII Exfimiño, e o intercambio folclórico cultural do grupo de baile e gaitas do Lusco Fusco. En Tomiño, o VIII Encontro Cultural da Federación de Asociacións de Veciños Terra Miño. En Tui, a celebración do Día da Muiñeira da Asociación Cultural de San Telmo, a Noite Internacional do Miño da Asociación Cultural San Fins de Rebordantes, e a Noite Aberta da Asociación de Comerciantes e Industriais. En Oia, o Festival Intercultural Iberoamericano, a Semana Cultural de Pedornes, e a Xuntaza de Corais. No Rosal, a asistencia da Agrupación Musical do Rosal ao Concerto para o Fomento da Cultural Musical, e os Actos Culturais da Feira de San Gregorio das Pías.
Comarca de Deza-Tabeirós-Terra de Montes. Foron concedidas axudas a 31 actividades culturais por un total de 34.449 euros. Na Estrada, a XX Edición do Festivas ‘As Nosas Músicas’ de Couso, o VIII Certame de Música Folk ‘Lume na lareira’, o Festival Trembadoiro da Asociación Tamparrantán de San Andrés de Vea, as actividades culturais da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, a xuntanza anual de Fillos e Amigos da Estrada, as VIII Xornadas de Medicina Natural da Asociación Etnográfica de Codeseda, o XIX Certame Interxeracional dos Pereiriños, e unha achega económica ao XX Premio Xornalístico ‘Manuel Reimóndez Portela’. En Forcarei, a IV Xuntanza de Música Tradicional Galega da Asociación Cultural Banda de Gaitas de Forcarei. En Cerdedo, o Festival Folclórico da Asociación Cultural Ecce-Homo, a XI Xornada de Recuperación do Xogo Tradicional da Asociación Cultural Eira da Pena, e a II Xornada de Formación Cidadá en Reanimación Cardiopulmonar da Asociación Cultural Galega en Prevención e Emerxencias. En Lalín, o Titerentroido de Amigos do Museo Galego da Marioneta, a XVI Malla Tradicional da Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón, a XXVII Feira do Cabalo de Lalín, o Festival de Nadal da Asociación Cultural O Toxo de Vilatuxe, a Semana Cultural da Asociación Cultural Carballeira de Cercio, a Exposición de Pintura ‘Mulleres coa cesta na cabeza’ da Cooperativa Cestola na Cachola, e a VI Semana do Clásico da Escudería Clásicos O Toxo. En Silleda, o Día da Música da Asociación Cultural Sons de Trasdeza, o VI Encontro Tradicional do Enganche da Asociación de Criadores de Cabalos Españoles de Galicia, a IV Edición de Melodías de Outono en Ponte, o Especial Aniversario: Tardes de Primavera na Vía da Prata da Coral Polifónica Trasdeza, e o II Concerto Coral no Mosteiro de Carboeiro do Coro Vales Mahia da Banda Recreativa da Bandeira.
Comarca de Pontevedra. Foron subvencionadas 33 actividades culturais por un importe total de 36.374 euros. En Barro, a XIV Xuntanza de Corais, a 2ª Concentración de Veteranos Legionarios de Galicia e o Concerto Grosso da Asociación Cultural Rubato. En Cotobade, a VI Mostra de Trazantes, e o I Festival Popular de Bandas de Música. En Poio, a Semana da Familia, o Festival Armadiña Rock, o Serán de Covas, o Día de Colón e a XXX Semana Cultural ‘San Roque 2015’. En Ponte Caldelas, o Festival do X Aniversario da Asociación Cultural Buchabade, a Feira Antiga do Camiño dos Arrieiros, a Festa de Papá Noel da Asociación de Veciños da Ínsua, e a II Feira de Abril en Ponte Caldelas.
En Pontevedra, a 44 Xuntanza ‘Amigos de Pontevedra’, o XVII Memorial Antonnio Odriozola-Exposición da Camelia, a Festa do Socio da Asociación Cultural San Sandrés de Xeve, o Concurso de Vídeos Virais ‘Rías Baixas’, o Festival de Xadrez da Asociación de Veciños Santa María, a Exposición de Fotografías, Pinturas e Esculturas da Asociación de Veciños San Roque, o XLIV Día da Muiñeira da Asociación Dúas Pontes, o Intecambio Xuvenil Chemist’s Shop or Employment da Asociación Galega de Percutas Omar, os actos culturais da Semana Santa da Asociación Gremio de Mareantes, as X Xornadas Micolóxicas de Pontevedra, a Homenaxe de Honra e Loubanza da Asociación Peña da Boina-Pontevedra, o Festival de Culturas Tradicionais da Asociación Cultural Trepia, o Festival de Danzas e Acrobacias Aéreas, o II Congreso de Lactancia Materna, o III Certame de Relato Curto da Federación Provincial de Anpas, a exposición do artista Marcos Covelo na Fundación RAC, a XIX Manifestación Felatélica Cultural, o Campus Musical da Asociación Músico Cultural San Martiño Salcedo, e o Concerto de clausura de tempada da Sociedade Filarmónica de Pontevedra.
Comarca de Vigo. Concedéronselle axudas a 86 actividade culturais por un importe total de 98.874 euros. En Baiona, o intercambio cultural da Agrupación Musical de Belesar coa Asociación Piloñesa de la Fuente, o intercambio cultural a León da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, o intercambio cultural do Coro de Homes Voces Baionesas, a participación da Escola de Danza Vila de Baiona nun festival en Teruel, e a Semana Santa da Hermandad de la Santa Cada de Misericordia. En Nigrán, o V Festival de Novo Circo en Nigrán. En Gondomar, a IV Xuntanza Folclórica da Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, o Festival ‘Folc no Galiñeiro’ en Vincios, o Festival Folclórico Facendo Amigos, e a Semana Cultural do XXII Festival Folclórico Internacional de Peiteiros. En Mos, o Belén de Herville, e o intercambio cultural da Coral Polifónica Ventos do Val co Centro Galego de Baracaldo. En Redondela, o Ix Arrastro Rock Fest, o Festival Folclórico de Chapela, a Festa de Música Tradicional de Rande, o IX Festival Millo Verde, a Xornada sobres os usos innovadores e recursos educativos ligados á cultura galega da Asociación provincial de empresarios de centros de ensinanza non estatal, o 6º magosto Furtivo do Viso, o VII Festival Ventorock, o XXV Festival Internacional Folclórico do Centro Social Cultural de Cedeira, o Festival Folk Illa de San Simón – Praia de Cesantes, a XIV Noite Meiga, e o intercambio cultural do Grupo de Baile Anaquiños. En Salceda de Caselas, o Ciclo Cultural da Agrupación Cultural Xunco, a Concentración Automobilística da Asociación O Pincho, a fEsta Treze Catroze da Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista homónima, o Festival de Rúa de Grupos Folclóricos e Charangas da Asociación de Veciños Carballeira – Picoña, a Semana Cultural da Asociación de Xóvenes A Turonia de Entienza, o Mes Cultural do Centro Cultural O Coto, o 46 Mes Cultural do Centro Cultural La Feria, e a Xuntanza Cultural do Centro Culrural de Soutelo.
En Vigo, unha exposición artística de Aldeas Infantiles, unha exposición do Centro Xuvenil Don Bosco e outra da Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral, unha actividade da Asociación Acción Solidaria de Galicia, un ciclo de conferencias da Asociación Amigos dos Pazos, o encontro anual da Asociación de Antigos Mariñeiros de Etea, unha xornada sobre xogos e maxia tradicional da Asociación Areas, o Festival de Bandas de Música de Beade, unha actividade sobre comedia musical e libros de película da Asociación Benéfica Beiramar, o X Festival Internacional de Canto Coral e Habaneiras de Coruxo, o II Certame de Cancións das Nosas Tabernas, unha exposición da Asociación Barrio Alto do Casco Vello de Vigo, a XXVII Xuntanza Folclórica da Asociación Cultural O Coto, o Serán dos Maiores da Asociación da Terceira Idade Nevox, a participación da Asociación de Gameleiros Asociña no Encontro de Embarcacións Tradicionais, unha achega para o Premio Novo Empresario e Mozo Emprendedor, o Día da Nai da Asociación da Terceira Idade Quiñones de León, a Exposición de Modelismo Naval, a II Mostra de Oralidade ‘Por Boca de Muller’, un certame de curtametraxes da Asociación de Persoas Xordas, o Outono Cultural de Cabral, a X Festa Veciñal de Teis, o Festival Folclórico de Alcabre, o VIII Concurso de Redacción e Poesía de San Roque, o Festival Folclórico de Beade, o Festival de Santa Cecilia da Asociación de Veciños MOnte da Mina de Castrelos, un certame de monólogos da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzeimer, o Serán Festa de Fin de Curso as Asociación Folclórica O Fiadeiro, os actos conmemorativos do 25 aniversario de Arandela, o Ciclo de Conferencias da Asociación Gamboa, a II Festa da Convivencia da Irmandade de Santa Ana de Beade, o XXII Revoltallo de Cultura Emerxente, a V Mostra de Improvisación Teatral, a Exposición do XII Encontro da Asociación Sodináutica, a XXX Festa da Amizada de San Xurxo de Saiáns, a Noite de Samaín da Asociación de Veciños Emilio Crespo, o III Concurso Mentalizarte, ‘Vigo, Cidade Diversa’ da Asociación Xogais, o Concerto ‘Outono de Corais’ da Coral Polifónica Máximo Gorki, o Festival Vertixevigo’15, a exposición ‘Os camiños fanse remando’ o VII Festival da Amizade da Asociación de Veciños de Lavadores, a XXVII Edición da Feira de Abril da Casa de Andalucía en Vigo, as actividades complementarias do XVIII Certame de Improvisación en Verso de Valladares, o Encontro Folclórico do Centro Cultural Vigo Centro, o Encontro Folclórico Internacional de Coruxo, o XXVII Festival Folclórico Internacional de Cabral, o XVI Certame de Humor de Valladares, a participación da Fundación Cume para o Desenvolvemento de Culturas e Pobos no 48º Forum Internacional Universitario, o Certame Artístico da Fundación Igual Arte, a exposición sobre o paisaxista vigués Francisco Sales Covelo na Fundación Exposalnés, o Concerto de Animación á Escoita da Orquesta Clásica de Vigo, do Día Mundial do Acordeón da Sociedade Cultural Helios, o VII Festival Musical da Unión Musical de Coruxo, e o XXVIII Concurso -Exposición de Ornitoloxía da Unión Ornitolóxica do Val Miñor.

Deja un comentario