+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

Comeza o “Obradoiro de Coiro” no mercado municipal da Lama cunha gran afluencia de participantes


O curso, organizado entre o Concello da Lama en colaboración coa Deputación de Pontevedra, está integrado dentro do programa provincial «Actívate 2015» e levará a cabo durante todo o mes de outubro e novembro

O “Obradoiro de Coiro”, o curso que organiza o Concello da Lama, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, en colaboración coa Deputación de Pontevedra dentro do programa provincial “Actívate 2015” acaba de dar comezo.
Durante a primeira sesión, os asistentes -ao redor dunha quincena de veciños e veciñas da Lama- tiveron unha primeira toma de contacto co material, co que fixeron un estoxo con inscrición. En seguintes clases chegarán a coñecer distintas técnicas do tratado do coiro, chegando a confeccionar obxectos máis complexos.
O curso levará a cabo todos os luns do mes de outubro e o próximo mes de novembro, manténdose nun horario matinal, en instalacións do Concello. Por outra banda, tamén continúa activo o Curso de Cestería que a partir deste mes de outubro levará a cabo os xoves de 10,00 a 13,00 horas na Biblioteca Municipal.
Con este tipo de iniciativas, o Concello da Lama busca dinamizar o territorio e ofrecer formación complementaria a mozas e maiores do municipio.

Deja un comentario