+034 986 09 02 04 Xoves 05 de Decembro de 2019

Transporte público no seu paso polo polígono da Pasaxe


A concellaría de Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade informa das novas paradas do transporte público (Melytour) no seu paso polo Polígono de A Pasaxe, que por mor das vindeiras accións de mellora da circulación pasará a ser na vindeira semana de sentido único, como resposta á demanda da Asociación de Empresarios A Pasaxe para desconxestionar o tráfico e facilitar a carga e descarga.

As paradas que darán servicio ao polígono pasan de 2 a 3 e situaránse, en ambos sentidos de circulación, nos seguintes puntos:

-rotonda da gasolineira
.rotonda dirección Porriño
-rotonda dirección Vigo

Con esta actuación enténdese que non só se mellora a circulación e o servizo de transporte público no polígono, se non que tamén se da servizo ao barrio da Fraga, Vincios, con máis de 250 habitantes.

Deja un comentario