+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación inviste máis de 72.000 euros na humanización de varias rúas no centro urbano de Arbo


A Administración provincial achegará o financiamento ao Concello, no marco do Plan de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión dunha subvención de 72.751,92 euros ao concello de Arbo, para obras de humanización do núcleo histórico.
As obras, que forman parte do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais, incluirán traballos de renovación da pavimentación, creación de espazos peonís e iluminación en varias rúas do centro urbano.
Así, na Rúa Antonio Tovar, renovarase o pavimento do treito que une o centro urbano coa PO-400, que na actualidade está moi deteriorado. Tamén se eliminarán bandas rugosas para evitar os ruídos e crearase unha zona de transición onde comeza a zona peonil, executada en adoquín de granito.
Na Rúa Miguel Davila renovaranse as lousas de granito que están partidas como consecuencia do paso de vehículos, e completarase a beirarrúa da marxe esquerda ata a glorieta da PO-400
Finalmente, no calexón que une o cruce da Praza de Abastos con Miguel Davila reducirase a pendente do último treito e instalarase iluminación LED.
Os traballos completaranse coa creación de pasos de peóns elevados en varios puntos do concello.

Deja un comentario