+034 986 09 02 04 Mércores 26 de Setembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Cores Tourís visitou a adega Señorío de Rubiós para comprobar o remate da vendima na comarca do Condado e A Paradanta


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se agarda chegar ata os 25 millóns de quilos de uva en toda a Denominación de Orixe Rías Baixas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou a adega Señorío de Rubiós de As Neves, en compaña do alcalde da localidade, Emilio Castro, e do rexedor de Salvaterra do Miño, Arturo Grandal, co obxectivo de comprobar o remate da vendima na comarca do Condado-A Paradanta dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.

“O obxectivo desta visita”, engadiu o delegado territorial, “é estar en contacto cos viticultores e bodegueiros para coñecer o seu sentir nesta vendima na que, se estima, vanse recoller case 25 millóns de quilos de uva en toda a denominación de orixe”, quen destacou que o bo tempo permitiu recoller a colleita “con moita normalidade, e avanzar moi rápido nela”.

Señorío de Rubiós creouse en 2005 e conta na actualidade con 14 traballadores e xestiona 32 hectáreas de viñedo en Salvaterra, entre viñas propias e plantacións alugadas. Na presente vendima recolleu 550.000 quilos de uva branca da variedade albariño, así como 160.000 de uva tinta.

Conta con varios premios, entre eles o Acio de Outro Rías Baixas de 2010, 2011 e 2013, e tres distincións Gallaecia 2014 da Asociación de Sumilleres de Galicia. O espumoso Señorío de Rubiós Condado Blanco Brut Nature logrou tamén a medalla “Gold Outstanding”.

A administración autonómica apoio a esta adega a través de axudas á industrialización e comercialización, así como á asistencia a feiras, por un montante de 490.000 euros.

Neste senso, José Manuel cores tourís incidiu no apoio ás adegas, cooperativas e viticultores por parte da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural e do Mar. Deste xeito, destináronse máis de 16,4 millóns de euros nos últimos anos a melloras de industrialización, comercialización e exportación.

O delegado territorial aproveitou a visita a esta adega para recordar a importancia do sector vitivinícola, non só para a provincia de Pontevedra senón tamén en toda Galicia. “O futuro da nosa comunidade autónoma”, afirmou, “pasa por apostar polos sectores con maior puxanza económica como, neste caso, é o vitivinícola”. Neste senso, recordou que pese á crise, este sector “está a manter o seu volume de venta grazas a compensación nos mercados de exportación que creceron en 2012 nun 18% en comparación co periodo anterior e representando xa o 28,7% do total do viño Rías Baixas comercializado”.

Deja un comentario