+034 986 09 02 04 Xoves 19 de Xullo de 2018

Educación anuncia ao concello de Pontecesures a execución urxente da reforma do acceso á escalera de emerxencia do CEIP da localidade


O xefe territorial mantivo unha reunión de traballo hoxe co tenente alcalde e a concelleira de Educación do municipio pontevedrés

O xefe territorial de Cultura e Educación de Pontevedra deu traslado hoxe ao concello de Pontecesures da posta en marcha con carácter urxente das obras de reforma da pasarela que dá acceso ás escaleiras de emerxencia do CEIP do municipio.

Así llo trasladou César Pérez Ares ao tenente alcalde do municipio, Roque Araujo, e a concelleira de Educación, Concepción Gómez, con quen mantivo unha reunión esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, dando así cumprimento a solicitude de encontro presentada por ambos representantes de Pontecesures ante a Xefatura Territorial de Educación.

No encontro, o xefe territorial informou aos representantes do concello de Pontecesures da necesidade de executar estas obras ante o estado no que se atopa esta rampla. “As obras terán un custo aproximado duns 8.000 euros e serán executadas de xeito inmediato”, explicou Pérez Ares.

O xefe territorial tamén aproveitou a visita do tenente alcalde e da concelleira do ramo para agradecer a colaboración do municipio coa administración autonómica na execución de melloras para este centro, recordando que foi o concello quen se encargou recentemente do pintado das aulas e da reparación da fachada do colexio.

Roque Araujo, pola súa banda, agradeceu tamén a colaboración da Xunta co concello en materia de educación e deu traslado dun informe sobre a situación do CEIP de cara a que sexan avaliadas máis melloras de cara ao futuro.

Deja un comentario