+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

Membros de Working Wheels presentaron o proxecto Local Accesible


Membros de Working Wheels presentaron o proxecto Local Accesible, para recoñecer e distinguir a aqueles locais que cumpran a normativa en materia de accesibilidade e nos que as persoas con mobilidade reducida xa se poden desenvolver con total autonomía. Os membros de Working Wheels poñerán unha pegatina identificativa naqueles locais que xa estean reformados para cumprir a normativa ou nos que se faga uso dunha rampa de quita e pon para salvar as barreiras arquitectónicas.

Con esta iniciativa tamén se pretende dar visibilidade as persoas con discapacidade e favorecer a adopción de medidas que axuden a mellorar a súa calidade de vida. O concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares -que os acompañou na rolda de prensa- reiterou o compromiso do Concello coa eliminación de barreiras arquitectónicas. Neste sentido estase a traballar na implantación da estratexia de desenvolvemento urbano sostible que inclúe a elaboración dunha auditoría e un plan de accesibilidade.

Deja un comentario