+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

O Concello adxudica as obras do Mercado Tradicional


O Concello de Bueu adxudicou á empresa Narom S.L. as obras de acondicionamento do espazo exterior para mercado tradicional destinado a venda de excedentes da horta no entorno da Praza de Abastos. Esta actuación está orzamentada en case 40.000 euros, e conta cunha subvención de 27.408 euros que achega a Consellería de Economía e Industria no marco do programa FEDER Galicia 2007-2013.
En concreto, e tal e como se establece no proxecto técnico, vanse mellorar as condicións actuais dos vendedores e mellorar a imaxe do mercado co fin de promover a compra local, un dos punteiros base “para poñer orde e estética” en palabras do alcalde, Félix Juncal. De feito, a comezos de setembro o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, e o Xefe Territorial de Economía, Ignacio Rial visitaron o mercado e viron o proxecto das obras in situ.
Con esta actuación preténdese eliminar os parasois dos postos, caixas e demais e substituílos por toldos enrrollables para cubrirse das inclemencias meteorolóxicas, ademais da construción de bancadas para a venda deses produtos, que tamén servirán de bancos cando non haxa mercado. A elas hai que engadir tres melloras, como son: a substitución dos postes previstos no proxecto de aceiro galvanizado en quente por postes de aceiro inoxidable, sistema de enrrollado motorizado mediante centralita controlada na parede, e sistema de recollida de augas pluviales.
As obras deben xustificarse antes do 16 de novembro, tras a prórroga concedida pola Consellería de Economía e Industria.

Deja un comentario