+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Deputación de Pontevedra e concello da Guarda establecen as bases para proxectos de futuro


Na primeira visita da Presidenta da Deputación ao Concello da Guarda, Carmela Silva e o alcalde Antonio Lomba expuxeron o novo modelo de financiamento aos municipios que puxo en marcha o Goberno provincial a través do Fondo Local que distribuirá os recursos, rompendo co clientelismo, a libre disposición e a arbitrariedade na repartición de subvencións. “É un modelo radicalmente distinto, dixo Silva, porque co anterior fíxose un dano moi serio a moitos concellos e o caso da Guarda é un bo exemplo diso”.
O alcalde coincidiu coa Presidenta en que a desigual distribución das axudas provocou que A Guarda teña un déficit de equipamentos en comparación con outros concellos e manifestou a súa confianza e o seu desexo en que moitas das necesidades que ten este municipio do Baixo Miño poidan atopar acubillo no Fondo Local, a través do Plan Provincial de Turismo que xa estuda a Deputación ou na captación de fondos europeos aos que poidan acollerse algúns dos proxectos.
Con respecto ao Plan de Emprego de 2016, a Presidenta da Deputación tamén recolleu a petición do Concello dunha maior flexibilidade nos criterios de duración, período de contratación ou número de traballadores en función das necesidades de cada municipio, modificacións que xa estuda o Goberno provincial para incorporar ao plan do próximo ano.

Deja un comentario