+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Xullo de 2019

Comezaron as obras de construción do centro de saúde de Panxón


A obra, que conta cun período de execución de 12 meses, conta cun presuposto duns 2 millóns de euros

O alcalde avanzou que o goberno municipal xa se puxo en contacto coa Tesouraría da Seguridade Social, propietaria dos terreos onde se sitúa o actual centro de saúde, para xestionar a cesión da devandita infraestrutura ao concello, co fin de destinala a un uso social para desfrute dos veciños.

Formalizouse a acta de comprobación de reformulación do centro de saúde de Panxón, dando así comezo ás obras de construción, tras asinarse o contrato de obra entre o Servizo Galego de Saúde e a empresa Obras e Servizos Gómez Crespo, o pasado día 26 de setembro.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, acompañado polo xerente doSERGAS, Antonio Fernández-Campa, visitaron hoxe os terreos onde se edificará o novo centro de saúde, nun acto que contou tamén coa presenza do xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada, Mario González; o director de Procesos Sin Ingreso de la Estructura Organizativa de Gestión Integrada de Vigo, Javier Caramés; e a subdirectora xeral de Investimentos do Sergas, Cristina Enjamio.
O presuposto da adxudicación é de 1.841.633 euros para unha superficie construída de 1.375 metros cadrados. O centro está cofinanciado con fondos FEDER e enmárcase na Estratexia Sergas2014 para modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria e mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o ámbito de traballo dos profesionais.

A obra, que está previsto que se leve a cabo nun prazo de 12 meses, ten no seu programa funcional 6 consultas de medicina xeral, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, unha polivalente, 1 consulta de pediatría, 1 de enfermaría pediátrica, sala de xuntas, aseos, oficios vestiarios e todos os servizos necesarios para o correcto funcionamento do centro.

Na súa intervención, o alcalde manifestou a súa satisfacción polo comezo das obras de construción do novo centro de saúde de Panxón, “unha infraestrutura demanda polos nosos veciños dende hai anos e que hoxe se fai unha realidade máis tanxible, despois de moito traballo e moito esforzo por parte deste goberno e do propio concello como administración,”.

Valverde aproveitou para avanzar que, a pesar de que hai que agardar á finalización e posta en funcionamento da nova infraestrutura sanitaria, o goberno municipal xa hai iniciada as xestións para reutilizar o actual centro de saúde como un espazo social e de ocio para os veciños de Nigrán. Contactamos coa propietaria dos terreos onde se sitúa o actual centro de saúde, a Tesouraría da Seguridade Social, e nos avanzaron que non habería problema ningún a, chegado o momento, redestinar esta infraestrutura a un uso social para desfrute dos nosos maiores”, concluíu.

Deja un comentario