+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

Este sábado reúnese o xurado do premio de novela curta Manuel Lueiro Rey na Casa do Concello


Téñense presentado quince obras nesta XXII edición do xa tradicional premio literario

O vindeiro sábado, 24 de outubro, a partires das 18.00 horas na Casa do Concello celebrarase a reunión dos membros do xurado e do comité organizador que se encargará de ditaminar o gañador ou gañadora da XXII edición do certame Manuel Lueiro Rey de novela curta.

O xurado está conformado por Manuel Quintás, Francisco Martínez Bouzas, Armando Requeixo e Ánxela Gracián, todos eles especialistas en literatura que estarán acompañados polo gañador do pasado ano, Antonio Pichel Beleiro. Eles encargaranse de valorar os quince traballos presentados e establecer cál será o gañador do ano 2015.

Premio consolidado

O premio de novela curta Manuel Lueiro Rey é convocado polo Concello do Grove dende o ano 1992. A súa finalidade última e promover e recoñecer a vida e a obra do escritor e xornalista Lueiro e permite manter ao Grove na vangarda literaria galega. O galardón está dotado con 3.000 euros e a obra gañadora é editada.

Deja un comentario