+034 986 09 02 04 Martes 23 de Outubro de 2018

O Concello de Ribadumia acollerá un curso de Manipulador de Alimentos e Alérxenos


Terá lugar o sábado 14 de novembro a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura de Ribadumia

O Concello de Ribadumia acollerá o vindeiro 14 de novembro un curso de Manipulador de Alimentos e Alérxenos na Casa da Cultura de Ribadumia.

O curso, organizado por Cobraplag e coa colaboración do Concello de Ribadumia, terá unha duración de catro horas (10:00 a 14:00 horas). Ó finalizalo os participantes recibirán o certificado de manipulador de alimentos.

Esta formación esíxeselles a todas aquelas persoas que na súa actividade laboral teñen contacto directo cos alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, subministro e servizo. Algúns dos traballos nos que se esixe este documento son na hostalaría, nos supermercados, nas adegas, nas empresas de reparto ou mesmo como monitores do comedor escolar.

O prazo de inscrición xa está aberto nas oficinas do Concello en horario de 08:00 a 15:00 horas ou no teléfono 986718491. O prezo do mesmo é de 25€.

Deja un comentario