+034 986 09 02 04 Mércores 26 de Setembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Un técnico da Deputacion supervisa o proceso final de selección dos novos traballadores do Plan de Emprego que garante a igualdade de oportunidades e a transparencia


Os candidatos proveñen da Oficina de Emprego e foron sometidos a unha proba de evaluación técnica

Baixo a supervisión dun técnico da Deputación, o Concello de Ponte Caldelas finalizou o proceso de selección do persoal que integrará a 24 personas nas brigadas de conservación, limpeza e mantemento de espazos públicos ereparación e mantemento de infraestruturas municipais, así como un carpinteiro para reparación e mantemento de mobiliario urbán de madeira, dentro do Plan de Emprego posto en marcha polo ente provincial para os meses de novembro e decembro deste ano.

A selección de persoal realizouse en base a uns criterios establecidos pola Deputación de Pontevedra seguindo os principios da igualdade de oportunidade e a transparencia para garantir que calquera persoa que cumprira os requisitos poidera optar sin perxuizos ao proceso selectivo.

Os candidatos para desempeñar estas funcións son persoas en situación de desemprego que veñen remitidos desde a Oficina de Emprego (tal e como determinan as bases definidas pola Diputación e están publicadas no BOP). A relación de aspirantes, os seus nomes e puntuación nas distintas probas de selección, foi feita pública en todo momento a través do taboleiro de anuncios situado na planta baixa do Consistorio e a páxina web do Concello (www.pontecaldelas.org).

Os candidatos foron sometidos a varias probas prácticas relacionadas co posto a desempeñar e que son previamente coñecidas polos aspirantes. Para o persoal de limpeza esixiuse o manexo de rozadora e escobón, mentres que no caso dos destinados a cubrir un posto na brigada de reparación e mantemento de infraestructuras municipais tiveron que construír unha arqueta a catro alturas, sen romper ningún ladrillo, a escuadra e a nivel. Tamén debían demostrar o manexo e condución dun dumper e empaquetar unha peza de fontanería nun tempo máximo de dous minutos.

O Plan de Emprego da Diputación é a única posibilidade que ten o Concello de Ponte Caldelas de poder contratar persoal xa que as restrictivas normativas aprobadas polo Goberno Central, dentro das novas directrices para a estabilidade presupuestaria fan imposible outra forma de ofertar postos de traballos por parte desta administración local.

O alcalde, Andrés Díaz, destacou o esforzo que realiza a Deputación neste capítulo non só pola oportunidade laboral que ofrece aos contratados en situación de desemprego senón tamén pola operatividade da que dota aos concellos pequenos para poder acometer un bo número de obras de limpeza, acondicionamiento, reparación e mantemento de infraestructuras municipais que, doutra forma non se poderían afrontar ante o limitado persoal de operarios municipais existente.

“Deste xeito, sinalou Andrés Díaz, poderemos dar resposta a moitas das peticións que nos están facendo os veciños nas distintas xuntanzas que estamos a realizar nos 33 núcleos de poboación ao tempo que tamén damos resposta a un dos nosos compromisos coa cidadanía como é a loita contra o desemprego. Conseguimos que a nova Deputación contratara ao persoal por un periodo de 35 horas semanais o que permite que os traballadores pasen de cobrar algo máis de 400 euros, que percibían co plan anterior do Partido Popular, a un salario aceptable que supera os 700 euros netos”, sinalou a alcalde de Ponte Caldelas.

Deja un comentario