+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

Carmela Silva participou na andaina dos veciños e veciñas na posta en marcha da súa Ruta de Sabucedo


A Presidenta da Deputación pon en valor o traballo da vecindade para potenciar o turismo do interior e o coidado dos animais e do monte

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou na andaina coa vecindade de Sabucedo para por en marcha a «Ruta de Sabucedo», unha iniciativa veciñal para potenciar as actividades turísticas e medio ambientais do monte.
Silva, que estivo acompañada polo deputado provincial Javier Dios, e os responsables da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo fixo un recorrido de 3,5 quilómetros dos dez que compoñen esta ruta. A idea da Asociación Rapa das Bestas é potenciar e poñer en valor o monte o redor das zonas dos curros, cunha senda turística que recorre diversas zoas de monte cun valor paixasístico e cultural moi importante.
Para a Presidenta da Deputación está é unha iniciativa que hai que saudar moi gratamente «xa que é a propia vecindade a que fixo o traballo de crear a ruta, a súa siñalética e agora o traballo de potenciación e promoción dos seus valores moito máis alá da tradicional festa da rapa de Sabucedo», dixo Carmela Silva.
A Presidenta animou a vecindade e a Asociación da Rapa a continuar por esta senda de trabalo de xeito que se potencie o interior da provincia como un destino para os amantes do turismo activo. «Pontevedra é moito máis que sol e praia. É unha potencia turística polo noso patrimonio cultural, medio ambiental e gastronómico e iniciativas como esta de Sabucedo son o exemplo que temos que seguir», subliñou Silva.
Por outra parte, a Presidenta da Deputación de Pontevedra non quixo deixar pasar a oportunidade de saudar a Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo por ter sido unha das primeiras en potenciar a inclusión da muller entre as aloitadoras dos curros. Silva recordou que na actualidade xa son oito as mulleres que están inscritas na rapa das bestas de Sabucedo.

Deja un comentario