+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

Inacio Vilariño protagonizou a actividade de dinamización lingüística no Centro Cultural de Ponte Caldelas dentro do programa Contos en Rede da Xunta


O monologuista, presentado polo alcalde Andrés Díaz, puxo en práctica un relatorio, para maiores de 16 anos, que procuraba a promoción do uso do galego falado entre as novas xeracións

O monologuista, creador e investigador Inacio Vilariño protagonizou a actividade de dinamización lingüística levada a cabo no Centro Cultural de Ponte Caldelas dentro do programa Contos en Rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Inacio Vilariño, que foi presentado polo alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, puxo en escea unha serie de relatos, para maiores de 16 anos, que procuraban a promoción do uso do galego falado entre as novas xeracións.

Contos en Rede, que é o título desta actividade de dinamización lingüística, pretende fomentar o uso falado do idioma galego a través de microespectáculos destas características que percorren diversos concellos da xeografía da Comunidade Autónoma.

Inacio Vilariño, propón nesta xira “asumir o labor de redescubrir ao demo”, tras comprobar nos circuítos realizados con anterioridade que esta é unha figura completamente descoñecida para os rapaces e as novas xeracións. O demo é, pois, o fío condutor nas intervencións do contador lalinense, quen se sirvedo romance portugués e a alteración da tradición para traelos ata hoxe.

Con esta iniciativa lúdico-lingüística o Concello de Ponte Caldelas colabora coa Xunta no seu compromiso de impulsar políticas de normalización lingüística coas que está implicado o novo equipo de goberno municipal ao tempo que se ofrece ao público en xeral un espectáculo de entretemento cultural.

Deja un comentario