+034 986 09 02 04 Sábado 23 de Xuño de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Carmela Silva destaca nas xornadas de FUNDAMAR o proxecto de igualdade entre mulleres e homes no sector pesqueiro


A Presidenta da Deputación de Pontevedra destaca o “gran acordo social” que representa a Fundación para a Pesca e o Marisqueo

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou na inauguración das xornadas do quinto aniversario da Fundación para a Pesca e o Marisqueo (FUNDAMAR) o seu proxecto de igualdade entre mulleres e homes no sector pesqueiro.
Silva participou hoxe na Cooperativa de Armadores de Vigo na inauguración destas xornadas coas que se quere celebrar o quinto aniversario da Fundación, integrada pola propia Cooperativa e os sindicatos UGT e CC.OO.
Precisamente, “o acordo social” que representa Fundamar polos seus obxectivos comúns para empresarios e traballadores, é o que máis celebrou Carmela Silva xa que “as administracións teriamos que reflexarnos en proxectos como este”.
A Presidenta destacou o traballo que ben facendo FUNDAMAR en ámbitos tan importantes para o sector pesqueiro como a seguridade, a formación, o ámbito social e tamén en aspectos medio ambientais “todo co obxetivo de mellorar o sector pesqueiro e marisqueo para que siga a ser un piar da economía da nosa provincia”, subliñou Silva.
A este respecto, Carmela Silva non perdeu a oportunidade de voltar a mostrar o seu apoio ao sector do cerco, xa que considera as súas reclamacións de máis cota e mellor reparto “son xustas”. “Dende Vigo vemos con moita sensibilidade este sector porque forma parte da nosa historia pero tamén ten que formar parte do noso futuro”, concluíu a Presidenta da Deputación.

Deja un comentario