+034 986 09 02 04 Venres 18 de Setembro de 2020

Ponteareas contrata 34 persoas en situación de desemprego


Os traballadores seleccionados polo Concello de entre aquelas persoas que foron convocadas polo Servizo Público de Emprego comezan a traballar esta semana

4 peóns de vías e obras, 4 peóns xardineiros, 2 oficiais de segunda de oficios varios, 5 oficiais albaneis, 3 oficiais electricistas, 1 oficial fontaneiro, 2 limpadores, 1 peón de oficios diversos, 3 peóns grumir, 2 auxiliares de policía local, 1 auxiliar administrativo, 1 conserxe para a Escola Infantil, 2 monitores de ocio e tempo libre, 1 camareiro limpador e 1 auxiliar de clínica para a residencia de maiores Santa Ana e 1 auxiliar de biblioteca.
Estas son as categorías dos diferentes traballadores e traballadoras que comezarán a súa actividade laboral no Concello de Ponteareas esta semana e que permanecerán no consistorio durante un período de 2 meses.
Unha das brigadasque quedará especialmente reforzada é a de limpeza de vías,o cal permitirá completar a limpeza da vexetaciónde todas as estradas municipais, ademais dereparar o mobiliario mobiliario dos espazos públicos, paseos e parques. Dentro das actuacións previstas está recuperar o sendeiro da Picaraña e acondicionar algúns pasos sobre regatos na senda da Moscadeira ata Moreira.
Con estas contratacións, dende o Concello e a Deputación ofrécese a oportunidade de traballo cun contrato temporal a persoas que levan moito tempo en desemprego, chegando nalgúns casos a superar os catro anos de inactividade.

Deja un comentario