+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019

Maís de 250 persoas participan na AGASP nas I Xornadas de Formación: as persoas detrás dos uniformes


O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, inaugurou hoxe as Xornada de formación

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, inaugurou a Xornada de formación SCA 15: as persoas detrás dos uniformes, dirixida ao persoal dos corpos da Policía Local de Galicia.

Nas xornadas participan ademais persoal das forzas e corpos de seguridade pública e emerxencias que traballan en Galicia, e profesionais vinculados coa materia. O contido das Xornadas consiste en experiencias prácticas e reais das persoas que están detrás dos uniformes.
As Xornadas consisten en dez ponencias, dez ideas e dez historias, onde os relatores comparten mensaxes co persoal participante, coma “Mellorar a visión que ten o cidadán da policía local”, “A responsabilidade individual e a toma de conciencia da responsabilidade colectiva”, “A mellor forma de avanzar coma conxunto é pensar coma conxunto”, “Policia por vocación. Policia por sentimento”, e a historia de DisCamino, coma dous policías acabaron liderando un movemento co que xa son moitas as persoas con parálise cerebral que fan o Camiño de Santiago.

Deja un comentario