+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

O subdelegado do Goberno en Pontevedra reuniuse co novo director do centro penal da Lama, José Ángel Vázquez Yáñez


O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, mantivo unha reunión de traballo, na Subdelegación, co novo director do centro penal da Lama, José Ángel Vázquez Yáñez, que substitúe a Álvaro Novo.

O novo director, nacido na Coruña e cuxo último destino foi a Dirección do centro de Pereiro de Aguiar (Ourense) desde 2013, ten unha ampla experiencia noutras prisións. Comezou a súa traxectoria en Soto del Real (Madrid V) e continuou no centro de Huelva, Lugo-Monterroso e Teixeiro (A Coruña). Ademais, foi subdirector de Réxime en Soto del Real.

Este é o primeiro encontro institucional que mantén desde que accedeu ao cargo.

Deja un comentario