+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

Cursos Formativos concello de Salvaterra- Cámara de Comercio


Hoxe rematou o Curso de Carniceiro/a Profesional que se estivo impartindo estas últimas semanas na cociña do Parque Público a Canuda. Un curso onde os 16 participantes tiveron formación teórica e práctica en diferentes aspectos como é a seguridade e hixiene no posto de traballo, útiles e maquinaria necesaria para levar a cabo o traballo, control de temperaturas e cadea de frío, protocolo sanitario, recepción de mercancía, canais e razas diferenciando por idade e peso, despece detallado, montaxe de expositor, atención ao cliente, fabricación de elaborados e asignación de lotes.

E o próximo luns día 9 empezará o Curso de elaboración de conservas e marmeladas, tamén na cociña do Parque Público A Canuda. Este curso ten como obxecto adquirir os coñecementos necesarios para a adecuada elaboración e conservación de conservas e marmeladas, cunha parte teórica, onde se explicarán as características e precaucións que hai que ter a hora de facer conservas caseiras, as toxiinfeccións que existen se non se elaboran correctamente e os sistemas de conservación que existen. Na parte práctica os alumnos realizarán as conservas, compotas e marmeladas coas froitas e hortalizas de tempada. 15 horas onde os 16 alumnos/as participantes recibirán toda a información para poder realizar este proceso dunha maneira adecuada.

Estes cursos enmárcanse dentro da oferta formativa que ofrecen semestralmente o Concello de Salvaterra e a Cámara de Comercio

Deja un comentario