+034 986 09 02 04 Luns 27 de Xaneiro de 2020

Comeza a montaxe das carpas para a Festa de San Martiño


A Asociación Cultural San Martiño, organizadora do evento, e o Concello teñen traballado para buscar unha boa ubicación da Festa na que se agarda grande participación veciñal

A Asociación Cultural San Martiño ven de facer unha grande labor de organización dos actos de celebración da Festa de San Martiño que terán lugar dende o martes 10 pola tarde ocupando todo o día 11 con diversas actividades.

Para o desenvolvemento desta Festa dende hoxe, venres, logo do remate do mercado semanal, procederase a instalación dunha grande carpa no vial de entre a rotonda do Mariscador e a rotonda das garzas. Nese espazo poderán celebrarse os concertos das orquestras programadas a cuberto. O corte deste vial prolongarase ata o xoves, 12 de novembro.

Deja un comentario