+034 986 09 02 04 Domingo 23 de Setembro de 2018

Alumnos de Primaria dos colexios de Atín e Castro-Mos coñecen o fascinante mundo micolóxico


Trátase de unha actividade incluída nas XII Xornadas Micolóxicas para que os nenos descobran os recursos que ofrece o entorno natural máis próximo

Con motivo das XII Xornadas Micolóxicas do Concello de Mos, e xa que a micoloxía é unha actividade recreativa moi demandada pola cidadanía mosense que, no caso dos nenos, resulta descoñecida na meirande parte dos casos; as concellerías de Educación e Medioambiente, dirixidas polas edís Kely Monzón e Julia Loureiro, respectivamente, organizaron unhas sesións lúdico-didácticas para que os alumnos e alumnas de Educación Primaria dos colexios de Atín-Cela e do Mestre Martínez Alonso en Castro-Mos descobran o entorno natural máis próximo, e os recursos que dito entorno ofrece a través da micoloxía.
A unha destas sesións, que deron comezo o 3 de novembro e finalizarán o 16 de novembro, e que contan cunha duración estimada de entre 60 e 90 minutos, acudiron hoxe as concelleiras Monzón e Loureiro, para ver de preto coma desfrutaban os nenos e nenas de 3º curso de Primaria do colexio Mestre Martínez Alonso.
Un total de 203 alumnos dos cursos de Educación Primaria de ámbolos dous colexios serán beneficiarios desta charla instrutiva sobre a micoloxía, e dunha saída ó monte para localizar e identificar cogomelos.

Deja un comentario