+034 986 09 02 04 Xoves 15 de Novembro de 2018

O concello de Lalín anima a inscribirse no programa de promoción do envellecemento activo `Xuntos polo Nadal´


A iniciativa pretende que as persoas maiores que se atopen soas poidan pasar esas datas acompañadas

O Concello de Lalín anima ás persoas maiores do municipio a inscribirse no programa de envellecemento activo `Xuntos polo Nadal´. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, que ten como obxectivo que os maiores que se atopen sós polas circunstancias que sexan poidan pasar estas datas acompañados.

No ano 2014, tres persoas maiores de Lalín tiveron a oportunidade de participar no programa, do cal fixeron unha valoración moi positiva.

Información e requisitos a seguir:
LUGAR E DATA
– Na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño (Ourense).
– Do 23 de decembro de 2015 ao 2 de xaneiro de 2016
SERVIZOS: o programa “Xuntos polo Nadal” inclúe:
– Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
– Aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
– Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan por provincia ata as residencias de tempo libre e viceversa.
– Actividades de animación sociocultural.

PERSOAS BENEFICIARIAS:
– Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
– Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio.
– Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
– Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia.
– Non estar acollido/a nun centro residencial
SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN:
As solicitudes deberá presentarse antes do 20 de novembro de 2015, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Política Social.
CUSTO DA PRAZA:
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas con uns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50 €.
DOCUMENTACIÓN:
As persoas ás que se adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
• DNI ou pasaporte en vigor.
• Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
• Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso do programa.
MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDES : Servizos Sociais do Concello de Lalín. Teléfono 986780014

Deja un comentario