+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Setembro de 2020

Expertos xudiciais debaten na AGASP sobre as reformas en materia penal


O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participaron hoxe na inauguración das Xornadas sobre as reformas en materia penal

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participaron hoxe na inauguración das Xornadas sobre as reformas en materia penal que terán lugar na Academia Galega de Seguridade Pública ata o vindeiro mércores.

Na inauguración das Xornadas tamén participaron o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suances, e están inscritas máis de 150 profesionais, dos corpos da Policia Local, Policia Nacional, Garda Civil, Policia Autonómica, Xuíces, Avogados, Persoal de Xustiza e alumnos universitarios.

Segundo destacou Luis Menor no seu discurso inaugural, dende o goberno galego apóstase decididamente pola formación como base de todos os profesionais, e pola formación de todos os profesionais das emerxencias e da seguridade pública, xa que segundo incidiu a formación é fundamental para o traballo destes profesionais, polo que segundo explicou as reformas acaecidas en materia penal no último ano, son tan extensas e profundas na lexislación vixente, que ademais dos cursos de formación continua dedicados a materia, levase a cabo esta xornadas onde se abordarán as reformas mais importantes e os temas mais controvertidos.

O contido das Xornadas é basicamente as liñas básicas da nova reforma penal, a regulación dos delitos cometidos a través da Internet, o fomento do principio de oportunidade, a lexislación penal e procesual da intervención das comunicacións en especial das telemáticas, a nova regulación dos delitos de sedición, atentados, desordenes públicos e terrorismo, a corrupción público e privada, a nova regulación do decomiso, a execución da pena, a supresión, substitución, condena condicional e réxime de penas, ademais da Lei do Estatuto da Vítima e a súa incidencia no proceso penal.

Entre os poñentes atópanse, a Fiscal da Sala do Tribunal Supremo, Elvira Tejada de La Fuente; o Maxistrado do Tribunal Supremo, Julián Sánchez; Fiscal Audiencia Nacional, José Perals; o Maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución da Audiencia Nacional, Eloy Velasco; o Fiscal Xefe de Ourense, Florentino Delgado; e o Presidente da Audiencia Nacional, Ramón Navarro, entre outros.

Deja un comentario