+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

O Concello de Ribadumia acollerá unha charla sobre aforro enerxético


A sesión terá lugar o xoves 19 de novembro ás 20:00 horas no Centro Social de Barrantes

O Concello de Ribadumia acollerá o vindeiro xoves 19 de novembro unha charla informativa sobre aforro enerxético. Organiza a sesión a Asociación de Amas de Casa o Noso Lar en colaboración co Instituto Galego de Consumo, a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadumia.

Esta sesión ten como obxectivo informar ós interesados sobre cómo aforrar na factura da luz, as potencias que hai que ter segundo a enerxía que se use, e no caso de facer algún tipo de reclamación por incidente, o mellor método para facela. A charla correrá a cargo de Ana María Cores Meixus, técnico de consumo, que aclarará todas as dúbidas dos participantes en temas de enerxía eléctrica.

A charla non só será explicativa, xa que os asistentes tamén poderán levar as súas facturas de luz para comprobar si están ben e aclarar todas as dúbidas que lles poidan xurdir.

A sesión terá lugar o vindeiro xoves 19 de novembro a partir das 20:00 horas no Centro Social de Barrantes. Entrada gratuíta.
Os interesados teñen que inscribirse nas oficinas do Concello de Ribadumia en horario de 08:00 a 15:00 horas ou no teléfono 986718491.

Deja un comentario