+034 986 09 02 04 Luns 24 de Xuño de 2019

Lalín convértese na capital da innovación do rural


O próximo venres 13 de novembro Lalín acolle o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA

Repensar o rural a través de múltiples olladas e dende diversas formas de facer rural e pensalo é o obxectivo do encontro, que xurde como un espazo de discusión critica que nos permita pensar que alternativas se están dando ou poden dar no medio rural, para que este siga sendo ese lugar cheo de vida.

A través deste Encontro preténdese apelar a: Que estamos facendo dende o medio rural para respostar aos reptos que nos enfrontamos no s. XXI?, e como podemos imaxinarnos o futuro que esta por vir?. Así lanzouse unha Open Calla aberta á participación de todos e todas as interesadas e interesados co fin de poder partillar as diferentes formas de vivir e pensar o medio rural. Dun total de 25 propostas de presentacións foron seleccionadas 16, que en palabras do coordinador da rede, o catedrático de Historia Contemporánea, Lourenzo Fernández Prieto “son unha mostra ampla do caracter innovador do medio rural, e da capacidade de repensar outras formas de habitar o mesmo”.

A rede ReVOLTA está composta por sete Grupos de Investigación que, en Galicia, e dende ámbitos disciplinares diversos (Economía Ecolóxica; Historia Ambiental; Enxeñería Rural e Ordenación do Territorio; Economía Agraria), e convoca está encontro co obxectivo de abrir á investigación ao conxunto da cidadanía.

O Encontro está aberto ao público interesado, para inscribirse é preciso enviar un email a rede.revolta@usc antes do 12 de novembro. Terá lugar na Sala de prensa do Concello de Lalín o venres 13 de novembro

O Programa do Encontro é o seguinte:

10:00-10:15 Inauguración

Mesa Innovación/Resilencias
10:15 – 10:30 A IXP Castaña de Galicia. Estado actual e novos reptos _ Manuel López Pérez [IXP Castaña de Galicia]
10:30 – 10:45 A volta ao campo dende unha mirada socio ecolóxica_Elisa Oteros Rozas [UAM]
10:45 – 11:00 Innovación no rural desde a iniciativa privada: A Fundación Juana de Vega_ Jose Manuel Andrade [Fundación Juana de Vega]
11:00 – 11:15 O ultramarinos que leva ao extremos o poder do alimento_ Ultra_alimento
10:15 – 11:40 Debate

11:40 – 12:00 Café

Mesa Comunidades
12:00 – 12:15 A Universidade Rural de Barreiros _Colectivo Cultural Ollomao
12:15 – 12:30 A microeconomía da paisaxe e do territorio. O empoderamento das comunidades locais para decidir sobre o seu territorio_ Asociación autonómica e ambiental Petón do Lobo.
12:30- 12:45 Proxecto cultural para cultivar e transmitir o Patrimonio & as paisaxes das comunidades rurais_Ana María Enriquez [ Arquivolta Rural]
12:45 – 13:00 Prevención de lumes forestais a través da intervención social_ Miguel Pardellas [Proxecto Batefogo]
13:00 – 13:40 Debate

XANTAR

Mesa Subxectividades
16:00 – 16:15 Asociación Maisdetres: Necesidades persoais e crenzas colectivas nun rural imaxinado actual_ Asociación Maisdetres
16:15 – 16:30 Tecendo coeducación rural pra erradicar as Violencias Basadas no Xénero (VBX): despatriarcalizando aldeas e parroquias dende unha óptica decrecentista e comunitaria_Ángel Amaro Quintas
16:30 – 16:45 O Rural Imaxinado…como podemos imaxinar un futuro que está por vir?_ Marlene Anaya
16:45 – 17:00 No camiño doutra política educativa_Alicia López Pardo
17:00 – 17:40 Debate

Mesa Outras Economías
17:40 -17:55 Traballando en rede: economía social e solidaria desde a pintura_Cestola na Cachola
17:55 – 18:10 Os circuítos curtos de comercio de alimentos na Galiza atual: A difícil construçom de alternativas ao sistema agroalimentário convencional_ Raul Rios Rodríguez
18:10 – 18:25 Ver medrar a natureza_ Manuel Cebral Loureda [Alg-a Lab]
18:25 – 18:40 Creación e xestión dun centro de recursos, aprendizaxe e investigación no medio rural. Unha perspectiva dende a xerra do Xistral_ Marcos Besada Álvarez [Espazo Agroecolóxico A Estruga]
18:40 – 19:20 Debate

19:20 – 19:30 Clausura

Deja un comentario