+034 986 09 02 04 Mércores 28 de Outubro de 2020

O concelleiro de Educación do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, reuniuse coas direccións dos centros de ensino de Ponteareas


O concelleiro de Educación do Concello de Ponteareas mantivo unha xuntanza cos responsables da dirección de todos os centros de ensino de Ponteareas, de infantil, primaria e ESO, tanto públicos coma concertados, para tratar diversos temas de especial interese para o colectivo. Entre os asuntos que se trataron, un entendeuse de máxima importancia como é a situación da zonificación actual, que asigna a cada centro os alumnos que se poden matricular nestes dependendo do domicilio do alumno. Así chegouse á conclusión unánime de que é necesaria unha reestructuración desta asignación e facer unha nova proposta de zonificación, tendo en conta os núcleos de máis poboación en idade escolar, sobre todo, dentro do casco urbano.

Segundo o edil de Educación, Andrés Sampedro Fernández, esta nova asignación e restructuración das zonas de adscrición dos centros é necesaria e importante, tendo en conta o aumento de alumnos en determinadas zonas e, pola contra, de diminución noutras e para o cal trasladaráselle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estas inquietudes do colectivo do Ensino para poder chegar a unha nova zonificación, acorde coas necesidades actuais.

Deja un comentario