+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

Ribadumia repartirá 90 quilos de castañas, 40 de rosca e 50 litros de chocolate na Festa do Magosto


A Carballeira de Ribadumia acolle o domingo, a partir das 17:30 horas, a festa con xogos populares e animación

O Concello de Ribadumia organiza para este domingo, 15 de novembro, unha nova edición do Magosto, unha celebración que, ademais de enxalzar a castaña, tamén ofrecerá xogos e actividades aos veciños do municipio. Na festividade colaboran a ANPA do CRA e a ANPA do CPI Julia Becerra Malvar.

Deste xeito, a partir das 17:30 horas comezará a xornada festiva na que se asarán un total de 90 quilos de castañas. Tamén se repartirán entre os asistentes 40 quilos de rosca e 50 litros de chocolate, todo gratuíto.

Ademais, o Concello de Ribadumia vai instalar para a ocasión unha grande carpa na Carballeira de Ribadumia, na que se desenvolverán máis de 30 xogos populares diferentes monitorizados por animadores que se encargarán de explicar a metodoloxía de todos os xogos alí presentes.

Por todo iso, dende o Concello de Ribadumia anímase a todos os veciños da zona a compartir o domingo unha tarde de lecer e xuntanza para dar a benvida ao inverno, disfrutando xuntos da merenda e dos xogos populares.

Deja un comentario