+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis con motivo da celebración da “LVI Festa da Lamprea” que terá lugar os días 22, 23 e 24 de abril do ano 2016


Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para a “LVI Festa da Lamprea” promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio.

1. TEMA: LVI Festa da Lamprea.
2. SOPORTE: Calquera que o concursante considere axeitado e en soporte electrónico a máxima resolución.
3. MATERIAL: Lápices de cores, ceras, acuarelas, témperas, collage, etc.
4. Poderanse presentar como máximo dous carteis por participante.
5. O xurado estará composto por: representantes dos distintos ámbitos sociais e culturais do noso concello.
6. O prazo de presentación remata o 9 de xaneiro do 2016.
7. Os traballos presentados a concurso quedarán a dispor do Concello.
8. Se o Concello de Arbo o considera, calquera cartel presentado o concurso poderá ser utilizado como cartel anunciador da Festa da Lamprea.
9. Os carteis deberán incluir de xeito correcto as letras e a edición da festa da lamprea correspondente o ano 2016 – LVI Festa da Lamprea. (22, 23 e 24 de abril)
PREMIOS:
1º. -500,00 €.
2º.- 200,00 €.
3º.-100,00 €.
As bases poden consultarse na paxina web do concello de Arbo, www.concellodearbo.es

Deja un comentario