+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

Ponteareas informa das axudas convocadas pola Xunta de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas


O departamento de Deportes do Concello ofrece información a todos aquelas entidades interesadas

A Xunta de Galicia vén de convocar as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas para o desenvolvemento das súas actividades. Para optar a estas axudas, todas as entidades deben figurar no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). O formulario de solicitude e demais anexos requiridos estarán tamén dispoñibles na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte (http://deporte.xunta.es/). Poderanse cubrir e imprimir a través desta web, debendo achegalos posteriormente nos servizos provinciais de deportes no prazo establecido para a súa presentación. No caso de precisar asesoramento, o departamento de Deportes do Concello de Ponteareas está a disposición dos veciños.
O prazo para presentar as mencionadas solicitudes rematará o luns 14 de decembro.

Deja un comentario