+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018

O concello de A Lama atenderá o pago de varias facturas de proveedores locais tras aprobar a corporación a transferencia de créditos entre partidas do orzamento municipal


O PPdeG sinalou que o normal en calquera Concello é pagar as viaxes de traballo de calquera funcionario ou alcalde cando se empregan en realizar xestións relacionadas coa actividade municipal

A Corporación Municipal de A Lama aprobou en sesión extraordinaria, cos votos a favor do PPdeG e Cidadáns e o voto en contra do PSdeG-PSOE, o pagamento de varias facturas de proveedores locais mediante a modificación de créditos por transferencia entre partidas de diferente área de gasto e que non afectan a altas e baixas de créditos de persoal.

Este punto contou coa oposición do voceiro do PSdeG-PSOE, Enrique Vaqueiro, por incluir entre os pagamentos que se afrontarán con eses cartos os gastos de desprazamento do alcalde, Jorge Canda, dos meses de xullo, agosto, setembro e outubro que rondan os 1.000 euros ao considerar que coa suba do seu soldo, aprobada a principios da presente lexislatura, debía renunciar ao cobro dos traxectos e peaxes.

Pola súa banda, o voceiro de Cidadáns, Andrés Cal, dixo comprender os argumentos de Enrique Vaqueiro, pero tamén sinalou que de non aprobarse esa modificación de créditos moitos proveedores locais se verían perxudicados á hora de cobrar as facturas remitidas ao Concello.

Finalmente, o Partido Popular manifestou que o normal en calquera Concello é pagar as viaxes de traballo de calquera funcionario ou alcalde cando se empregan en realizar xestións relacionadas coa actividade municipal. “Estes gastos corresponden a xestións que fai o alcalde fóra do municipio, moitos deles en reunións que realiza en Santiago para conseguir subvencións e investimentos que repercuten positivamente no noso Concello e, consecuentemente, nos veciños e veciñas de A Lama”.

Deja un comentario