+034 986 09 02 04 Luns 22 de Outubro de 2018

O concello dá a coñecer os gañadores/as do XIII Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero


Tras o remate do prazo da entrega de traballos para o XIII Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero, organizado polo CIM do Concello, onte ás 18 horas reuniuse o xurado do certame, conformado por Ana Isabel Otero Pastoriza, concelleira delegada especial de Fomento da Igualdade do Concello, Montserrat González, diretora do CIM, e Camilo Camaño Xestido, artista e director da Casa Museo Mangallona de Cangas. Finalmente, tras un longo debate por mor da cantidade (234 traballos presentados) e calidade, decidiuse outorgar os seguintes premios:
– Primeiro premio de Educación Primaria: Denís Iglesias Estévez, de quinto de primaria do CEIP A Pedra.
– Primeiro premio da ESO: Marta Nogueira Pastoriza, de terceiro da ESO do IES Johán Carballeira, e que resulta ser o cartel elixido para o deseño publicitario da campaña local do 25N.
– Primeiro premio da ESO: Ana Canosa Vidal, de terceiro da ESO do CPR Virxe Milagrosa.
– Mencións especiais:
1. Sara Soliño Iglesias
2. Carmen Castro Recamán
3. Cristina Davila Otero
4. Eva Álvarez Martínez
5. Teresa Bernárdez López
6. Desireé Reiriz López
7. Lucía Durán Malvido
8. Inés Reinosa Patiño
9. Sandro Leal Rey
O xurado fixo constar a alta participacións dos alumnos/as dos centros educativos da vila que presentaron un total de 234 carteis, o que dificultou a elección dos gañadores, polo que expresa a satisfacción e o agradecemento aos ditos centros pola súa participación e implicación na conmemoración desta data. Así mesmo, quere facer unha mención especial ao traballo de Lucía Durán Malvido, alumna de cuarto da ESO do IES Johán Carballeira polo seu aporte plástico, compositivo e cromático do conxunto da obra.
A entrega de premios será o vindeiro 25 de novembro, Día da Non Violencia contra as Mulleres, nun acto presidido polo alcalde de Bueu no Centro Social do Mar, acompañado por membros da corporación, data que tamén coincidirá coa I Concentración Silenciosa contra a violencia organizada polo CPR Virxe Milagrosa e que será ás 11.45 horas diante da Casa consistorial.

Deja un comentario