+034 986 09 02 04 Martes 18 de Febreiro de 2020

Ponteareas asina un convenio cunha prestigiosa firma de formación integral en emerxencias


Un representante da empresa Seganosa foi recibido esta mañá no Concello polo alcalde, Xosé Represas, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández

Os membros do Corpo Municipal de Bombeiros poderán formarse en diversos ámbitos relacionados coa área de emerxencias para mellorar así as súas prestacións na cobertura de stituacóns de riscos aos que se enfronta a veciñanza.

O alcalde ponteareán, Xosé Represas, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, asinaron esta mesma mañá un convenio de colaboración coa empresa Seganosa, a única compañía en Galicia con licenza para impartir un tipo de cursos que pretenden dotar ao persoal municipal dos coñecementos más vangardistas e novidodos neste eido.

O acordo inclúe a posta en marcha dun curso práctico impartido pola propia empresa , denominado “Extinción de incendios e salvamento”, no que participarán 3 persoas desempregadas que aprenderán a adaptar os coñecementos a un entorno profesional real traballando no propio Concello de Ponteareas. Ao rematar esta formación, estas persoas acadarán un certificado de profesionalidade.

Deja un comentario