+034 986 09 02 04 Domingo 23 de Setembro de 2018

A consellería de Política Social e o concello de Vila de Cruces abordan novas vías de colaboración para mellorar os servizos sociais do municipio pontevedrés


Jose Manuel Rey Varela e Jesús Otero mantiveron un encontro de traballo hoxe en San Caetano

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo no serán de hoxe co alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero Varela.

No transcurso da reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, ambos mandatarios salientaron a importancia da coordinación entre as dúas institucións para acadar melloras na Política Social de Vila de Cruces, e por extensión de toda Galicia.

Do mesmo xeito, conselleiro e alcalde abordaron novas vías de colaboración para ofertar uns servizos sociais de maior calidade no municipio pontevedrés.

Deja un comentario