+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

Román Rodríguez salienta que a “II Xuntanza AEDeza” confirma a fortaleza do tecido empresarial da comarca


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na “II Xuntanza Empresarial AEDeza”, onde salientou que este encontro confirma a fortaleza do tecido empresarial da comarca, e representa unha boa oportunidade para fomentar a cooperación e o diálogo entre os membros da Asociación de Empresarios de Deza (AED), promotora do evento.

O acto, ao que tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, serviu para a entrega dos I Premios da asociación, que recaeron nas empresas Cooperativa Hoxe (polo fomento do uso da lingua galega), Pousa Licores de Galicia (premio ao emprendemento), Inasus (pola súa aposta pola innovación e a internacionalización), Nudesa (que recibiu o premio especial ‘Concello de Silleda’ por ser unha marca referente na fabricación e comercialización de pensos agrogandeiros), e a firma de moda Florentino Cacheda (premio especial AEDeza).

Román Rodríguez aproveitou para amosar os seus parabéns a todos os galardoados, así como á Asociación de Empresarios do Deza por organizar esta xuntanza na que se pon de manifesto o traballo e o esforzo dos emprendedores da comarca, a súa aposta pola diversificación produtiva e a internacionalización.

Deja un comentario