+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

Declaración institucional Ponte Caldelas no 25 de novembro


Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

No 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Cor- poración Municipal e todo o pobo de Ponte Caldelas, erguen a súa voz para rachar o silencio que envolve a un dos crimes máis execrables da humanidade: A violencia machista.

Rexeitamos todas e cada unha das súas manifestacións, as que se ven e as que non se ven, pro- ducidas pola discriminación, a falla de respecto polos dereitos humáns, o desprezo pola dig- nidade e liberdade das persoas e a falla de igualdade entre homes e mulleres. Ao tempo manifestamos públicamente a nosa solidariedade coas mulleres agredidas e/ou asasinadas que, no que vai de ano suman xa 48 persoas en todo o Estado Español, 6 de elas en Galicia, e unha moi preto de nós, Conchi Reguera, en Ponte Sampaio.

Desde aquí dicimos “basta xa!” a esta serie de crimes encubertos que conviven ao noso arredor agochados tras unha especie de “lei do silencio” que responsabiliza a menudo á propia vítima do seu destino. Non é un problema particular e individual da muller ou da familia que o padece. Non pode ser considerado en ningún momento como un tema que pertence exclusivamente á es- fera ou ao ámbito do privado. É cousa de todos nós, de toda a sociedade, e por elo temos que respostar dun xeito claro e contundente, cun rexeitamento activo e comprometido. Debemos botar abaixo eses muros de silencio e impunidade que aínda rodean á muller maltratada, aos seus fillos e ás súas familias.

A Corporación Municipal de Ponte Caldelas comprométese públicamente a exercer a tolerancia cero cos maltratadores e a impulsar políticas públicas transversais que incidan na mellora da igualdade de oportunidades e o empoderamento das mulleres así como na prevención, detec- ción, denuncia e loita contra a violencia machista desde a protección e asistencia integral á ví- tima, desde o minuto cero, como garantía da súa seguridade para que axude a poñer fin a un sentimento de vulnerabilidade e medo.

Impulsaremos accións dirixidas ao ámbito educativo de prevención e sensibilización da violen- cia de xénero a fin de previr comportamentos sexistas e loitar contra as microagresiones machis- tas cotiás tal e como prevé o Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 2014-17 que continúa activo no noso Concello.

Finalmente reiterar a nosa solidariedade pensando no futuro e baseando a nosa acción diaria cun compromiso baseado no binomio e nuns valores chave: A máis igualdade, menos violencia.

Deja un comentario