+034 986 09 02 04 Xoves 22 de Febreiro de 2018

Manifesto Mancomunado 25n


Cambados – Meis – Ribadumia

25 de novembro foi a data elixida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data que lémbranos e déixanos claro este tipo de violencia como unha das principais formas de desigualdade entre homes e mulleres.
Con motivo da conmemoración, o noso Concello manifesta o seu rexeitamento e o de toda a sociedade ribadumiense para todas as formas de violencia contra as mulleres, así como o seu firme compromiso para a súa erradicación, impulsando para iso, todas as medidas que sexan necesarias.
A violencia nas súas diversas manifestacións é perpetrada contra as mulleres polo simple feito de ser, constitúe un atentado á dignidade persoal, integridade e os dereitos humanos básicos.
A súa erradicación esixe non só unha condena e rexeitamento enérxico, se non tamén o compromiso de todos os gobernos e a participación activa da cidadanía ,
Debemos asumir que a desigualdade, a discriminación, a desvalorización do traballo e a ocultación das contribucións das mulleres son os factores que se atopan detrás desta violencia que rexeitamos .
Dóennos e avergóñannos as 48 mulleres asasinadas este ano,
Degrádanos como sociedade e cada nova vítima fainos cómplices.
As ameazas, as coaccións, os abusos dentro dunha parella “matan”.
Non son mera expresión de conflitos familiares, son sinais e antecedentes do que é o acto máis cruel e violento, sacar a vida doutra persoa.
Os mitos, xustificacións e resistencias desvían a atención da orixe e da causa da violencia, que é a desigualdade.
Dita desigualdade debe ser eliminada a través da prevención e concienciación da sociedade sobre os abusos e violacións dos dereitos humanos.
Neste contexto, hai que estar atento para escoitar e detectar novas formas de violencia de xénero que están xurdindo a través do uso de novas tecnoloxías.
O cyberbullying, así como outras formas de invasión de privacidade nas redes son realidades que temos detectadas dende o noso centro de información as mulleres para os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia.
Reflíctense nos datos recollidos certas condutas de dominación e relacións desiguais, incluso a través dos medios de comunicación como é o internet entre a nosa mocidade, que debe ter pola nosa parte unha atención especial.
Por todo isto dicimos ,sentimos e expresamos que :
– O noso concello está unido contra a todo tipo de violencia dirixida as mulleres.
– Dando o paso , mulleres e homes, de forma coordinada , toda a sociedade poderá atopar a SAIDA.
– Dende o Concello de Ribadumia facilitaremos todos os medios para promover a eliminación de violencia de xénero insistindo na educación como unha vacina eficaz contra dita violencia.

Deja un comentario