+034 986 09 02 04 Domingo 26 de Xaneiro de 2020

Traballadores municipais de Ponte Caldelas realizan un operativo de limpeza e seguridade vial tras un accidente en A Insua


O alcalde Andrés Díaz estivo informado permanentemente dos traballos e manifestou a súa preocupación polo conductor do vehículo siniestrado

Traballadores da brigada de obras do Concello de Ponte Caldelas participaron nun operativo de emerxencia para proceder á limpeza e seguridade vial da estrada da Insua despois de que un vehículo Kia Sepia matrícula 6679-BWZ colidira contra un poste do tendido eléctrico provocando a súa caída sobre a vía pública. Segundo testemuñas presenciais, o conductor do vehículo non presentaba, a priori, feridas graves e mantívose consciente durante todo o proceso de retirada do seu automóbil.

Desde o primeiro momento o Concello mobilizou a unha brigada que se desprazou ata A Insua para proceder a realizar labores de limpeza de aceite e fuel que deixou o vehículo sobre o pavimento despois de sufrir o accidente. Ao mesmo tempo, os operarios procederon, no menor espazo de tempo posible, a seccionar os aramios que todavía mantiñan unido o poste á súa base e retiraron o báculo da vía pública para favorecer o tránsito de automóbiles con plena seguridade.

Ata o lugar do suceso tamén se desprazaron varios equipos da subministradora eléctrica que procederon tamén a asegurar a zona e a restablecer o servizo a unha casa que resultou privada de enerxía tras o aparatoso accidente sin demasiadas conscuencias persoais, a priori, para o conductor segundo manifestaron testemuñas preseciais do suceso.

O alcalde, Andrés Díaz estivo informado permanentemente polos operarios dos traballos a realizar e manifestou a súa preocupación polo conductor envolto no siniestro. Díaz tamén manterá unha xuntanza coa Policía Local de Ponte Caldelas para analizar a perigosidade desta vía de titularidade autonómica por si fora preciso realizar algunha petición ou xestión ante a Xunta para mellorar a súa seguridade vial por mor dos accidentes, de diversa consideración, que ao parecer soen producirse no inverno coa chegada da estación chuviosa.

Deja un comentario