+034 986 09 02 04 Luns 21 de Setembro de 2020

Os cinco concellos: A Lama, Covelo, Fornelos, Mondariz e Mondariz Balneario dan outro paso máis para a constitución da “Asociación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea”


Cubriría unha poboación de 12.690 habitantes e 406´36 Kms

O pasado mércores celebrouse no Concello de Mondariz a segunda reunión co fin de crear unha agrupación intermunicipal de Protección Civil común aos concellos da Lama, Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz Balneario e Mondariz. Á reunión asistiron os seguintes cargos electos:

o Alcalde de A Lama : Jorge Canda
o Tenente Alcalde de Covelo : Marisol González
o Alcalde de Fornelos de Montes : Emiliano Lage
o Alcalde de Mondariz Balneario: José Antonio Lorenzo
o Alcalde de Mondariz e Tenente Alcalde : Xoán Carlos Montes e Mónica Peralba
o Membro de protección civil : Marcos Fontaíña

Na reunión, que se celebrou nun clima de bo entendemento e alta disposición dos representantes municipais, adoptáronse os seguintes acordos:

o Nomear esta agrupación intermunicipal como “Asociación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea”.
o A creación dun Regulamento para dita asociación contando tamén cos técnicos de secretaría e intervención dos cinco concellos.
o Facer unha achega económica para sufragar os gastos de funcionamento anual en función do número de habitantes de cada concello.

Marcos Fontaíña, membro da agrupación, aportou a experiencia e o coñecemento do funcionamento de Protección Civil. Un dos obxectivos fundamentais da agrupación será a protección das persoas e bens, en situacións de risco colectivo. E para logralo, Protección Civil leva a cabo tarefas de previsión, prevención, planificación, intervención e rehabilitación, en colaboración coas diferentes administracións. No caso de Mondariz as necesidades principais son a colaboración na seguridade vial durante a feira dominical e no transcurso de eventos deportivos e festivos que se desenvolven na rúa e nas prazas.

Esta xuntanza de traballo dá continuidade á primeira, celebrada o 6 de novembro no Concello da Lama, á que asistiu o Director Xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor, e outros técnicos da Xunta.

Deja un comentario