+034 986 09 02 04 Xoves 15 de Novembro de 2018

Obras de mellora do firme e da sinalización (vertical e horizontal) na curva de acceso a Cutián, en San Xurxo de Sacos


Tras diversas demandas tanto do alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, coma dos veciños de S. Xurxo de Sacos a Demarcación de Carreteras do Estado, ao iniciarse o bo tempo, inicia esta semana ás obras de mellora do firme e da sinalización (vertical e horizontal) na curva de acceso a Cutián, en San Xurxo de Sacos, na N-541, tras os numerosos accidentes que se producían nese tramo de vía. Neste tramo de estrada, de un kilómetro, aplicaráselle un capa de Slurry adherente o que mellorará a adherencia dos vehículos á estrada.
Jorge Cubela, tras estas obras de mellora do firme da estrada N-541, agarda “que esta solución sexa a necesaria para que non haxa máis accidentes, así o demandamos dende o Goberno Local e todos os usuarios e veciños”.

Deja un comentario