+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

Cultura asinará un convenio coa Fundación Pazo de Mos para organizar actividades nas súas instalacións


O Concello intermediou coa Xunta para poder facer posible esta colaboración

Aproveitando a reunión mantida o pasado martes en Santiago co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, solicitáronlle a Rodríguez un convenio de colaboración entre a consellería e a Fundación Pazo de Mos.

Dito documento de colaboración plasmaría o compromiso da administración autonómica de organizar, durante o vindeiro ano 2016, actividades culturais no Pazo de Mos que, como é sabido, atópase ubicado no Camiño Portugués a Santiago de Compostela. As actividades poderían incluír dende concertos, ata espectáculos infantís e/ou exposicións.

Pola súa banda o conselleiro de Cultura comprometeuse a visitar Mos a semana do 28 de decembro para asinar dito convenio coa directiva da Fundación Pazo de Mos. Arévalo e Cebreiro argumentan a este respecto que “o obxectivo principal desta colaboración por parte da Xunta de Galicia coa Fundación é promocionar o Camiño de Santiago ó seu paso polo municipio mosense é darlle vida ó Pazo, unha das principais xoias do patrimonio histórico e arquitectónico da nosa localidade”.

Cómpre lembrar que o Concello de Mos xa realiza actividades varias nas instalacións do Pazo de Mos como iniciativas de todo tipo incluídas na programación municipal cultural anual, entre outras.

Deja un comentario