+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Programa de actividades promovidas pola deputación de pontevedra no Culturgal 2015


PRESENTACIÓN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
VENRES 4
• Programa Foro do Culturgal ás 19:00h. Presentación da unidade didáctica ‘A nenez galega a través dos anteollos de Castelao’ . Contará coa presenza do deputado de Cultura, Xosé Leal, e dos autores, Diana Vilas e Óscar Rodríguez.
CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS DE ACTIVIDADES DOS CONCELLOS
VENRES 4
• Campo Lameiro. Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre. Espazo Foro. 19:45h. Unha viaxe no tempo a través da súa paisaxe prehistórica e das misteriosas imaxes gravadas na pedra, que desafiantes, nos fan vivir unha experiencia única. Con César Abella e José Manuel Rey, xerente de director do Parque respectivamente.
SÁBADO 5
• Portas. Difusión Domingo Fontán. Espazo Foro. 11:30. O concello de Portas difunde a figura de Domingo Fontán, matemático, político e topógrafo, así como os actos vinculados a este persoeiro. Co relator José Braulio Mondragón.
• Moaña. Circuítos Teatrais. Espazo Libro. Hora: 11:45h. Coa participación do actor e director Celso Parada.
• A Lama. Revista Cultural A Predreira. Espazo Libro. 12:15h. Con Cristina Villaverde Ruibla, coordinadora do proxecto, e Patricia Domínguez Rodríguez.
• Covelo. Ciclo Música Relixiosa.Espazo Foro. 13:00h. Ademais de presentar este ciclo, un avance do que será a vindeira edición dun festival que ten lugar nun espazo extraordinario. Con Nieves García-Soto, directora artística, e o párroco Rafael Antela.
• Bueu. Festival Internacional de Curtas. Espazo Foro. 20:00h. Un achegamento a este festival coa proxección da curta gañadora en 2015: Unary, dirixida por Luis Avilés e protagonizada por Morris. Con Manuel Pena, director do festival.
• Salceda de Caselas. Concerto Batemento. Espazo Carpa. 20:30h. Fusión de música tradicional e tecnoloxía. Músicas do mundo con Cristian Vázquez, Aitor Domínguez e Afonso Valdomero.
DOMINGO 6
• Moaña. Festival Intercéltico. Espazo Carpa. 11:15h. Con música, así se presenta o festival. A cargo dos músicos de Moaña, raíz e folk. Con Cavier Blanco, Anxo Lorenzo, Iván Costa e Salvador Meira.
• Oia. Proxecto Costa dos Castros. Espazo Foro. 11:30h. A unión de varios entes do concello de Oia para poñer en común distintas iniciativas que se estaban levando a cabo por separado. O obxectivo principal é a dinamización turística da contorna. Coa participación da alcaldesa Cristina Correa e o coordinador do proxecto Xosé Gago.
• Cambados. Xornadas Manolo Paz. Espazo Foro. 13:00h. Presentación da proxección educativa, artística e turística da fundación dedicada ao escultor, que estará presente no acto xunto ao técnico de cultura José Luis Vaamonde.
• Catoira. Proxecto ‘Segue os vikingos. Follow the Vikings’. Espazo Foro. 13:30h. O concello de Catoira, xunto con outras 14 entidades de países europeos, está desenvolvendo un programa de catro anos de duración, orientado a difundir e poñer en valor o patrimonio e o legado viquingo. Coa técnica Elisa Castaño e a redactora do proxecto do Centro de Interpretación Torres do Oeste, Andrea Serodio.
• Cuntis. Castro de Castrolandín e Lacón con Grelos.Espazo Foro. 14:00h. Preséntase a feira gastronómica do Lacón con grelos, declarada de interese turístico desde 2010 e o xacemento castrexo de referencia de Castro de Castrolandín. Co concelleiro de Cultura José Enrique Portela.

Deja un comentario