+034 986 09 02 04 Martes 17 de Xullo de 2018

Ana Pastor reúnese con mulleres empresarias, representantes dos sectores produtivos de Vila de Cruces


A candidata número 1 dos populares por Pontevedra ao congreso, contestou todas as preguntas e inquedanzas das participantes

A cabeza de lista do PP por Pontevedra, Ana Pastor, trasladouse ata Vila de Cruces para reunirse cunha representación das mulleres empresarias desta localidade e escoitar as súas inquedanzas.
Máis dun centenar de mulleres, que supoñían unha representación de diferentes sectores produtivos de importancia deste concello, como o sector servizos, artesán ou agrogandeiro, obtiveron resposta da candidata popular a todas as súas preguntas e inquedanzas. Pastor amosouse especialmente satisfeita de facer esta parada en Vila de Cruces para coñecer de preto as preocupacións e as experiencias das mulleres no rural.
Tamén asistiron a este encontro a candidata ao senado Marta Lucio e a número 3 ao congreso, Pilar Rojo, así como o alcalde e presidente local do partido Jesús Otero Varela.

INDUSTRIAS GUERRA
Pouco antes desta reunión, Pastor visitou a empresa Industrias Guerra, acompañada polos directivos da factoría, e interesouse de xeito especial pola actividade produtiva e a proxección da empresa.

Deja un comentario