+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

O Multiusos de Arcade acolle este sábado a representación teatral “xamón xamón”


O Multiusos de Arcade acolle este sábado a representación teatral “Xamón Xamón”

A obra está recomendada para todos os públicos e a entrada é totalmente gratuíta

O Concello de Soutomaior aposta por un fin de semana cheo de diversión coa obra de teatro “Xamón Xamón”, a cargo da compañía Tirinautas. Un espectáculo dirixido a todos os públicos, tanto pola temática, o texto en si e a posta en escena. A representación terá lugar este sábado ás 20:30 horas no edificio Multiusos de Arcade e a entrada é totalmente gratuíta.
Unha delirante comedia de monxas é a nova aposta teatral do televisivo cómico estradense “Isi” e Tirinautas. Xosé Lueiro dirixe a parte do elenco da exitosa “Ensalada de Mosquito” nesta divertida parodia nacional. Toño Pena, Chelo do Rejo, Saly Torres, Gonzalo Valcárcel, Bego Sánchez e Xuxa Sánchez completan un cartel para non parar de rir.
Primi é unha monxa adivinadora que abandona a tranquilidade do convento no que residiu desde nena, para lanzarse á procura de novas experiencias. Nesta aloucada viaxe, descubrirá valores como a amizade, a ingratitud, a cobiza ou o amor… Tirinautas Teatro volve con esta montaxe, da man do carismático cómico ISI, a espallar irreverencia e gargalladas entre os veciños de Soutomaior. Música, parodia, gags televisivos e desternillantes personaxes son os ingredientes que conforman, unha vez máis, a identidade desta compañía estradense.

Deja un comentario